Sae á luz unha edición facsímile da primeira ”Longa noite de pedra”

O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, asiste á presentación da edición facsímile de ”Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro. O Concello mercoulle a Xerais 1.000 exemplares que serán distribuídos en centros escolares, colectivos e bibliotecas.
A Fundación Celso Emilio Ferreiro e Edicións Xerais realizaron unha coedición conmemorativa dos 40 anos da aparición de ”Longa noite de pedra” que reproduce a primeira de 1962, impresa en Vigo.
Esta edición preparouse en Edicións Xerais de Galicia a partir de exemplares facilitados pola Fundación Penzol e por Xosé Luis Méndez Ferrín. Contén debuxos de Picasso e de Joán Miró que aparecían serigrafados en 100 exemplares dunha edición especial. As ilustracións dixitalizáronse a partir dun exemplar facilitado por Luis Ferreiro, encadernado de xeito artesanal en tapa dura por Sesto.
”Longa noite de pedra” é unha das obras máis lidas da poesía galega. Froito de numerosos estudios, comentarios e inspiración de novos poetas, foi musicada por diversos grupos e interpretada por diferentes voces. O sintagma longa noite de pedra converteuse na lingua común do xornalismo en designación equivalente da dictadura franquista.
Esta obra é ”grande poesía, milagre de palabras necesarias para un tempo preciso, a súa condición permanente orixina que lle fale cun son diferente a cada xeración, a cada mozo ou moza, a cada lector ou lectora desposuídos de malicia”, explicou Méndez Ferrín.
Descargar todas as imaxes