Medidas de tráfico con motivo dos desfiles e verbenas de Entroido
A Concellería Tráfico, Seguridade e Transportes establece un operativo especial esta fin de semana con motivo das celebracións do Entroido. Percorridos alternativos, cortes de tráfico e eliminación de estacionamento de vehículos son algunhas das medidas.
Prohíbese o estacionamento o sábado 1 de marzo a partir das 10.00 horas e ata o remate dos desfiles nas rúas Rúa Venezuela (dende Avda. das Camelias ata Gran Vía), toda a Avda. das Camelias e o tramo oeste da rúa Álvaro Cunqueiro (do núm 2 ó 18) e Avda. Castrelos (dende a praza de América ata a rúa Cesáreo González) e na rúa Manolo Martínez (dende Avda. Fragoso ata Avda. Florida) para o desvío alternativo.
Pecharanse ó tráfico na tarde do sábado ás 16:00 ata o pase dos desfiles na rúa Venezuela (tramo comprendido dende Avda. das Camelias ata Gran Vía, para a formación do desfile) e os seús accesos dende as rúas transversais de Simón Bolívar, Panamá, Fisterra, Pilar e Taboada Leal. Ás 18:00 horas péchase toda a Avda. das Camelias, a superficie da praza América (e no interior do túnel só o sentido cara a Avda. das Camelias), Álvaro Cunqueiro (tramo oeste, dende o núm 2 ata o 18) e os seus accesos dende as rúas transversais de Avda. Hispanidade, López Mora, Romil , Doutor Marañón, Chile, D. Quijote, J.Frau, Pintor Lugrís, Pintor Colmeiro, Laxeiro e Otero Pedraio.
O tráfico que se aproxime á praza de América descendendo pola Gran Vía desviarase pola rúa do Carme, baixando preferiblemente ata a circunvalación pola rúa Torres Quiroga (fronte ós frontóns do Pavillón) ou previsiblemente dun xeito máis dificultoso ata a Avda. de Castrelos.
O tráfico que acceda á praza de América procedente de Balaídos desviarase pola rúa Eugenio Krapf e Manuel de Castro, e no último tramo pola rúa Manolo Martínez para o tráfico veciñal preto da praza.
O tráfico que acceda á praza de América procedente da Avda. da Florida (C-550) desviarase pola rúa Darío Durán, accedendo á Avda. de Castelao. O tráfico procedente da Avda. de Castelao só terá libre a saída polo interior do túnel no sentido cara á Gran Vía, e por superficie só cara á Avda. da Florida.
O tráfico procedente de Beiramar non poderá subir pola rúa Coruña a partir da praza de Eugenio Fadrique a partir das 19:00 horas, terá que desviarse por Beiramar ata a circunvalación por Bouzas ou ben cara ó centro polo túnel de Beiramar.
Permitirase a subida dos autobuses urbanos (Vitrasa) ata a praza de América ata que o permita a afluencia de público: impedirase totalmente a partir das 19:00 horas.
Autorízase a partir das 18:00 o acceso polo carril-bus de Pi i Margall (desde López Mora ata a rúa Chile), o acceso ós garaxes dos veciños das rúas afectadas polo itinerario do desfile. De xeito circunstancial, invertirase o tránsito na rúa Álvaro Cunqueiro dende a rúa Colmeiro ata a rúa Zaragoza para acceder os veciños e comerciantes ós seus garaxes e comercios.
Veranse afectadas directamente por desvíos tódalas liñas con paradas e que pasan polas rúas Venezuela, Camelias e praza de América.
Establecerase un posto destacado de emerxencias e atención a nenos perdidos na praza da Independencia. En caso de perdas de nenos deberán dirixirse ós voluntarios de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.
Recomendacións
Prevense importantes retencións de tráfico na zona do centro da cidade -en especial o sábado ó coincidir o peche dos desfiles co da Porta do Sol para a verbena nocturna- polo que se aconsella evita-lo uso dos vehículos particulares nela.
Evita-lo estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos tramos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencias de ambulancias e bombeiros.
Evita-la concentración de público na confluencia das rúas Camelias - López Mora, xunto á saída do túnel da praza de América e subir no muro do túnel polo risco de caídas ó vacío.
Mante-lo control sobre os nenos evitando a súa perda e que poidan ser atropelados polos tractores ou carros que participen no desfile.
Atende-las instruccións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de Seguridade da Organización.
Verbenas nocturnas
O sábado 1 de marzo, dende as 19:00 ata as 03:00 horas da madrugada, pecharase o tráfico á Porta do Sol e rúa Policarpo Sanz.
Co gallo das verbenas e os seus preparativos, pecharanse ó tráfico a Porta do Sol e os seus accesos dende o Paseo de Afonso XII e dende o extremo contrario das rúas Colón e García Barbón. Permitiranse unicamente ata as 22:00 horas os accesos de Vitrasa e os veciños ós seus garaxes.
O tráfico con destino á Porta do Sol e Teis, procedente de Pi i Margall e Romil, desviarase pola rúa Llorente e Gaiteiro Portela en dirección a Beiramar.
O tráfico procedente de García Barbón en dirección ás Travesas desviarase pola rúa Pontevedra, dirección á praza de Compostela e Beiramar.
Ó tráfico que baixe pola rúa Doutor Cadaval permitiráselle acceder á Porta do Sol e despois cara ó Paseo de Afonso XII só ata as 22:00 horas: a partir desta hora, desviarase pola rúa López de Neira cara á Ronda de Don Bosco e Progreso.
Ó tráfico que suba pola rúa Reconquista permitiráselle dirixirse cara á rúa García Barbón ata as 18:00 e pecharase totalmente a partir das 22:00 horas.