Escoitar

Vigo acollerá os Premios Max de teatro

luns, 3 mar 2003
imx2399.jpg
Logotipo
O alcalde, Lois Castrillo, anunciou a celebración da gala de entrega dos Premios Max de teatro o vindeiro 5 de maio no Centro Cultural Caixanova. ”Esta cita será unha excelente promoción dunha cidade de xente aberta, plural, amante das liberdades e sen medo ás palabras e ás críticas”, dixo Castrillo.

O Concello de Vigo ofrecéralle a súa colaboración á SGAE trala negativa da Xunta de Galicia a acoller este evento. ”Permitimos a crítica como exercicio de liberdade de expresión en democracia nunha cidade aberta á cultura e á arte con fonda tradición teatral”, afirmou Castrillo.

A cidade terá unha programación teatral paralela á celebración deste evento co obxectivo de se converter na capital do teatro no Estado, ”unha oportunidade para proxectar a imaxe do novo Vigo como un referente aberto á actividade artística”, sinalou o alcalde. O Concello de Vigo investirá 360.000 euros na celebración deste acto.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes