Escoitar

Castrillo anuncia a creación de máis paseos polo litoral vigués

O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, anunciou que durante os próximos anos completaranse os paseos do litoral do municipio de forma que se poida facer un percorrido a pe polo borde marítimo dende Coruxo ata o centro urbano e dende Chapela ata Guixar. Castrillo fixo estas declaración durante unha visita ao novo paseo de madeira que une as praias das Fontes e A Mourisca, preto do Museo do Mar. <br />

mércores, 5 mar 2003
1046887396alcabre2.jpg
Vieitez e Castrillo
O alcalde vigués recordou o seu compromiso de afrontar de forma decidida a recuperación do litoral con dous obxectivos: facilitar a rexeneración ambiental da costa e abrir novos espacios para o uso público a carón do mar. Citou como exemplo de tarefas realizadas neste ámbito o remate do paseo de Bouzas, o acondicionamento do contorno do Tombo do Gato ou o proxecto de musealización do xacemento romano de Toralla.

Nestes momentos estase axardinando o contorno da praia de Santa Baia, onde se plantaron máis de 150 árbores. Realízanse tamén traballos de acondicionamento da praia da Fontoura, onde se prepara un paseo que permita enlazar Bouzas con Alcabre. Estas obras supoñen un investimento de 130.000 euros.
Descargar todas as imaxes