Muller promove un premio de investigación sobre o papel feminino na industria galega
A concelleira da Muller, Ana Gandón, e a directora da revista "A Festa da Palabra", María Xosé Queizán, presentaron un certame de investigación sobre as operarias de "La Artística" de Vigo, dotado con 4.200 euros e maila publicación do estudio.
Promovido pola asociación "Feministas Independentes Galegas" e pola Concellería da Muller, este premio pretende mostrar os avances das mulleres nos aspectos sociolóxicos, económicos e culturais, así como a súa contribución á sociedade galega do século XX.
Ana Gandón explicou que esta iniciativa se enmarca na dirección de recuperar a historia e agarda que esperte interese entre a xente en condicións de investigar para que a convocatoria sexa un éxito.
María Xosé Queizán afirmou que este premio quere servir para amosar os aspectos menos coñecidos do traballo feminio como o das mulleres na industria e nas fábricas galegas, coa achega de datos fiables e concretos.
O tema deste primeiro premio será sobre as operarias de "La Artística" de Vigo, desde os seus comezos ata os anos oitenta. No traballo deberá reflectirse: o marco histórico, os aspectos sociais, económicos, o factor numérico (cadro de persoal), o tipo de labor realizado polas mulleres, así como a rendibilidade económica para a empresa, e calquera tipo de aspecto vinculado á súa productividade dentro da factoría.
O premio, único e indivisible, terá unha dotación económica de 4.200 euros, ademais da súa publicación dentro do ano en curso. A persoa premiada, recibirá 15 exemplares desta.
O xurado valorará o rigor científico, as fontes primarias de investigación, o material gráfico así como a documentación de apoio documental achegada.
Poderán participar investigadoras e investigadores de todo o ámbito estatal. Os traballos estarán escritos en lingua galega, sen límite de extensión. O prazo de presentación comeza o 21 abril e remata o 20 de setembro de 2003 ás 13:00 horas.
Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei s/nº 36201 Vigo). Deberán entregarse debidamente encadernados e baixo un lema nun sobre, neste indicaranse os seguintes datos: Concellería da Muller "Premio Festa da Palabra de investigación". Dentro deste sobre terase que incluír outro debidamente pechado no que se indique no exterior o lema do traballo e dentro conterá os datos persoais: nome e apelidos, enderezo, teléfono, fotocopia do DNI e breve currículo.
O xurado estará presidido pola concelleira da Muller do Concello de Vigo, e integrarano a directora da Festa da Palabra silenciada Investigación, e tres persoas relevantes no ámbito da investigación seleccionadas por acordo entre a directora da revista e o Concello.
O xurado poderá considerar deserto ó premio se ó seu xuízo os traballos presentados non reúnen os requisitos suficientes.
As persoas que integren o xurado non poderán dirixir nin formar parte de ningún equipo de investigación das e dos aspirantes ó premio.
A decisión do xurado darase a coñecer no mes de outubro de 2003, mediante rolda de prensa no Concello de Vigo. A Asociación "Feministas Independentes Galegas" baixo convenio de colaboración coa Concellería da Muller comprométese á publicación da obra premiada cunha edición de mil exemplares (para a distribución polo Concello de Vigo de 600 exemplares e a venda de 300 a través dunha distribuidora que ingresará o importe ó Concello) na revista: "Festa da Palabra silenciada Investigación". A persoa premiada cederalle os dereitos de propiedade á directora da revista para editar o traballo nesa publicación.
Unha vez comunicada a decisión do xurado os traballos non premiados poderanse retirar polas súas autoras e autores nas dependencias da Concellería da Muller nos vinte días seguintes á comunicación da decisión. Cumprido este prazo os documentos pasarán a formar parte do fondo bibliográfico da Concellería da Muller.
A participación neste premio supón a aceptación destas bases. O incumprimento dalgunha delas suporá a exclusión deste.
Descargar todas as imaxes