Escoitar

O proxecto para mulleres desempregadas "Abeiro" celebra unha sesión informativa para a selección das participantes

Máis de 200 mulleres asistiron á sesión informativa que a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego desenvolveu no auditorio municipal, co obxecto de explicar o contido do proxecto "Abeiro" de cara á captación e selección das beneficiarias deste programa europeo de formación e inserción laboral. No transcurso da sesión, que comezou co saúdo e a introducción do concelleiro Delfín Fernández Álvarez, a directora do "Abeiro" e o xefe do Servicio de Desenvolvemento Local e Emprego informaron das características do proxecto e do perfil requirido das participantes.

luns, 21 abr 2003
1050927347abeiro1.jpg
Técnicos participantes na sesión
A posta en marcha do programa "Abeiro", que terá unha duración de 12 meses e supón un orzamento total de 652.000 €, beneficiará directamente a 130 mulleres desempregadas de longa duración ou na busca do seu primeiro emprego, maiores de 45 anos e menores de 25, residentes en Vigo e cunha clara disposición a traballar no sector de axuda a domicilio e saúde mental. Ó tratarse da formación e posterior inserción laboral no servicios de atención a persoas con especiais dificultades, a motivación das participantes é esencial e iso é o que se tenta acadar coa sesión informativa de hoxe aberta ó público en xeral.

Outro dos obxectivos do "Abeiro" é o de facilitar e promover a creación de empresas constituídas por mulleres no devandito sector, que está considerado como un dos novos filóns de emprego, aínda sen consolidar pero cun previsible dinamismo a corto e medio prazo.

As pobilidades que ofrece o proxecto "Abeiro" son a formación en habilidades sociais xerenciais e en creación de empresas, auxiliar de axuda a domicilio ou auxiliar de saúde mental e, como terceira alternativa, especializarse como auxiliar do sector de atención ás persoas. Para este último itinerario é imprescindible formación previa e demostrable.

As mulleres interesadas no "Abeiro" poderán presentar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado e acompañado de documentación requirida, ata o vindeiro día 30 do presente mes de abril nas instalacións que a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego ten na rúa Martínez Garrido nº21-interior.
1050927347abeiro1.jpg
1050927432abeiro4.jpg
Descargar todas as imaxes