venres, 25 abril 2003

Prosegue o programa "Entre árbores, paso a paso" cunha saída á Torre dos Mouros, en Candeán

venres, 25 abr 2003

Este programa da Concellería de Medio Ambiente ten como obxectivo a interpretación da natureza e etnografía do Concello de Vigo, por medio de rutas guiadas como ferramenta de comunicación para transmitir unha mensaxe positiva e efectiva con relación a este patrimonio. A cita será o sábado 26 de abril na praza de América, para coñecer a necrópole megalítica do monte da Madroa na que se teñen instalado paneis e sinais no entorno do Parque das Ciencias Naturais e a Torre dos Mouros.

Descubrimento dunha placa conmemorativa a Olimpia Valencia

venres, 25 abr 2003

O alcalde e a concelleira da Muller presidirán o descubrimento da placa conmemorativa a Olimpia Valencia, primeira muller licenciada en Medicina en Galicia, na rúa do Príncipe nº 11, no inmoble que albergou a primeira consulta da doutora.