Castrillo recibe unha representación asturiana
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu a directora da Sociedad Regional de Turismo de Asturias, Elisa Llaneza, quen lle entregou un teixo "como traslación da terra asturiana a Vigo".
A Sociedade Regional de Turismo agasallou tamén o Concello con 29 exemplares desta árbore mítica do bosque atlántico que depositaron nos viveiros para a súa posterior plantación nos parques públicos.
Esta visita enmárcase no programa de actividades de promoción turística do Principado de Asturias, que instalará no centro comercial Camelias un punto de información para que os vigueses poidan coñecer as características desta comunidade e achegarse a coñecela.
Descargar todas as imaxes