Escoitar

Concerto didáctico da Escola Municipal de Música <br />

A "Obertura da Frauta Encantada", de Mozart, e "O Carnaval dos Animais", de Saint-Säens, constitúen o programa do concerto didáctico que a Escola Municipal de Música ofrecerá no auditorio do Concello o vindeiro 26 de abril, a partir das 12:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

xoves, 24 abr 2003
1051097063camille.jpg
Camille Saint-Säens
As obras serán interpretadas pola Orquestra da Escola, agrupación formada polos alumnos da escola que tivo a súa primeira actuación pública o 21 de novembro do 2000, no concerto que anualmente se dedica á Santa Cecilia, patroa dos músicos. A orquestra participa habitualmente nas actividades programadas polo centro, (Serán Ceciliano, Concerto de Entroido, Concerto do día Internacional da Música...)

Entre os seus concertos cabe destacar o que tivo lugar no Teatro Municipal de Olot, Girona, en maio do 2001, ou o concerto solidario de Axuda ao Salvador realizado no Centro Cultural de Rebordáns en Tui.

Camile Saint-Säens escribiu "O Carnaval dos Animais" para os alumnos da Escola de Música Niedermeyer da que era mestre. A través de pezas musicais breves, moitas delas doutros compositores, o autor vai retratando, con ironía e desenfado, animais e outros personaxes, que chamaron a súa atención.

Camile Saint-Säens viviu en Francia entre os anos 1835 e 1921. Foi un gran pianista e moi afeccionado a arqueoloxía, astronomía e as letras.


Programa:

W. A. Mozart (1756-1791)
"Obertura da Frauta Encantada"

Camille Saint-Säens (1835-1921)
"O Carnaval dos Animais"

Marcha real do león
Galos e galiñas
Tartarugas
O Elefante
Personaxes de longas orellas
O Cuco no fondo do bosque
Pianistas
Fósiles
O Cisne
Final
Descargar todas as imaxes