martes, 22 abril 2003

Castrillo afirma que co novo conservatorio se inviste nun futuro de progreso para Vigo

O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, acompañou o presidente da Xunta na inauguración do novo conservatorio de grao elemental e medio de Vigo, unha dotación que, segundo salientou o rexedor municipal, permitirá que os vigueses poidan cursar todos os estudios musicais na cidade, dende o grao elemental ata o máis especializado. O alcalde afirmou que investindo en ensino e cultura se está apostando por un futuro de progreso para Vigo.

As conductas adictivas e a exclusión social centran as xornadas do Plan Local de Drogas

martes, 22 abr 2003

Os días 8 e 9 de maio celebraranse as IV Xornadas do Plan Local sobre Drogodependencias e outras adiccións que organiza a concellería de Benestar Social e terán lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. A conferecia marco tratará sobre "Conductas adictivas e exclusión social" e será pronunciada por Enrique Martínez Reguera, filósofo e pedagogo, fundador da "Escuela sobre Marginación" en Madrid.