Escoitar

A exposición sobre a obra de Camilo Nogueira poderase visitar ata o 3 de maio no Museo de Castrelos

A exposición "Natureza. Contexto e obra de Camilo Nogueira" que se exhibe actualmente na sala de exposicións temporais do museo municipal "Quiñones de León", prorrógase ata o vindeiro 3 de maio superadas amplamente as expectativas de visitantes. Case mil persoas visitaron a exposición dende o pasado 17 de marzo.

martes, 22 abr 2003
Esta exposición permitiu achegar a figura de Camilo Nogueira, chamado durante moito tempo "o escultor de Vigo", tanto ás novas como ás vellas xeracións de vigueses que xa coñecían a súa obra presente en gran parte das rúas da cidade. A mostra recolle as obras máis emblemáticas da colección "Natureza, contexto e obra de Camilo Nogueira", restaurada en 2002 co gallo do XX aniversario do pasamento do artista.

O museo dirixiu a exposición especialmente aos escolares desenvolvendo un obradoiro de actividades didácticas acerca do escultor, as súas obras e, en xeral, sobre a técnica de talla en madeira que este empregaba.

A mostra forma parte dun amplo programa de exposicións do museo municipal que vai permitirlles aos cidadáns descubrir aspectos inéditos de Vigo, da arte galega do século XX e da arqueoloxía no sur de Galicia, así como revalorizar as coleccións municipais, propiedade do Concello.

"Natureza, contexto e obra de Camilo Nogueira"

A mostra contén documentación persoal, fotografías, materiais que explican o contexto de creación da obra en Vigo da década de 1940. A súa técnica de talla e, dun xeito amplo, a traxectoria e relevancia de Camilo Nogueira como autor de boa parte da escultura pública en pedra durante dos anos 1960 e 1970 de prazas, xardíns e rúas de Vigo son recollidos nesta mostra.

Ata a década de 1990, Vigo non recuperará ese ímpeto de ornamentación urbana. Entre os artistas que protagonicen a nova etapa estará un antigo alumno de Nogueira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, Silveiro Rivas.

Unha sinxela montaxe audiovisual posibilita facer un itinerario "Camilo Nogueira" a través da cidade sen moverse da sala e tamén a través da páxina web do Concello onde tamén se dispón dunha escolma de imaxes desta exposición.

A mostra poderá verse de os luns, martes, xoves e venres de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas. Os mércores permanece aberta de 10:00 e 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.

O acceso á sala pode facerse directamente pola entrada lateral do predio do pazo-museo á esquerda da principal ou ben a través do museo. A entrada é libre e gratuíta, segundo aforo. Disponse de accesos e sala adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Máis información