O Concello favorecerá a consolidación do Centro Xove de Alecrín
O alcalde, Lois Castrillo, visitou as instalacións do Centro Xove de Alecrín, o único centro galego de atención específica á xuventude que ten como obxectivo atender e cubrir as necesidades e demandas en relación coa saúde afectiva e sexual.
Castrillo sinalou que este traballo debe seguir encamiñado á prevención e educación para fomentar un cambio de actitudes tendente a manter unhas relacións máis saudables por parte da xuventude viguesa. O Concello favorecerá a consolidación deste centro único en Galicia, expresou o alcalde.
Ana Míguez explicou que os servicios da Seguridade Social incluso derivan ás menores a este centro para a prescrición da pílula poscoital, subvencionada polo Concello de Vigo.
O Centro Xove de Alecrín traballa dende a prevención e promoción da sáude. Ofrece información, asesoramento e resolución de dúbidas se ofrezan de xeito integral. Os servicios especificamente clínicos derívanse aos recursos existentes na rede pública.
As premisas básicas das que se parte son a gratuidade, anonimato, confidencialidade e atención inmediata (sen necesidade de cita previa).
O equipo de traballo está integrado por unha sicóloga, unha médica e unha monitora de educación sexual. No ano 2002 atenderon máis de 3.000 persoas, das que o 75% eran rapazas.
Alecrín dispón dunha biblioteca-centro de documentación especializado e dun centro de día para mulleres prostituídas.
Descargar todas as imaxes