O novo bolboretario de Vigozoo combina a exposición coa cría de exemplares
O concelleiro de Medio Ambiente presentou o novo recinto no que conviven bolboretas e paxaros tropicais. As instalacións recrean o seu hábitat natural con temperaturas entre os 22 e os 35 graos, unha humidade relativa superior ao 70% e densa vexetación. A instalación axunta a exposición coa cría e conservación de exemplares.

O acceso ao bolboretario estará restrinxido a grupos de 20 persoas como máximo, permitíndoselles unha visita de 15 minutos. Dada a curta vida das bolboretas, no inverno so poderán ser vistas como crisálidas no pupario no que observar o proceso de transformación de eirugas a adultos.
Papilios e helicólidos son as familias de bolboretas escollidas, sobre as que se realizará un estudio de adaptación ao medio e de cría. A abondosa vexetación exótica disposta cómpre a función de proporcionarlles alimentación e, asemade, preservar os exemplares dos visitantes. O responsable do bolboretario Juan José Alonso explicou que a nutrición dos insectos "complétase con poles artificiais, xaropes de glicosa, azucres e froita fermentada".
Tocante aos paxaros, Amador Fernández, indicou que se buscaron especies granívoras que puidesen compartir o espacio coas bolboretas, elixíndose diamantes moteados de Australia, canarios de Mozambique, obispillos dourados e pardais de Xava, moitos dos cales xa están a elaborar niños.