Vigo disporá dunha ”Casa das Mulleres”, un espacio no que os colectivos organizarán actividades
Coincidindo co 8 de marzo, Día internacional das mulleres, a Concellería da Muller inaugurará na rúa Romil un novo servicio denominado “Casa das Mulleres” e as novas instalacións do “Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller” (CMIDM) situado ata agora no edificio Miguel Servet no camiño do Chouzo.
A “Casa das Mulleres” nace coa idea de contar cun espacio utilizable tanto pola Concellería da Muller como polas asociacións e colectivos de mulleres da cidade. Servirá para impartir cursos, realizar reunións, exposicións e conferencias. Estará aberto todas as tardes de 18:00 a 21:00 horas.
A ”Casa das Mulleres” conta con tres aulas espaciosas, unha oficina e un almacén-arquivo. No vindeiro mes de marzo desenvolverase un programa de actividades organizado desde a concellería por diferentes asociacións de mulleres.
O CMIDM mantén o mesmo horario e teléfono de atención ó publico. De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e xoves de 17:00 a 20:00 horas. O teléfono de atención 24 horas é o 986 29 39 63.