O Concello adquire terreos en Navia para ampliar o parque do Lagares
O Concello chegou a un acordo coa entidade mercantil Splendor S.L. para facerse cuns terreos en S. Paio de Navia que permitirán ampliar o parque liñal do Lagares.

As parcelas teñen unha superficie de 2.172 m2 e están situadas mesmo a carón da recentemente renovada ponte de Muiños, nunha área de protección ambiental denominada Zona de Aptitude Recreativa. Unha vez se produza a transmisión dos terreos, procederase ao seu acondicionamento para a creación dunha zona verde incorporada ao paseo do Lagares.
O Concello faise con estes terreos a cambio dos aproveitamentos urbanísticos de titularidade municipal que corresponden ao tapado de paredes cegas colindantes cos inmobles números 80 da Travesía de Vigo e 75 da rúa López Mora.
Descargar todas as imaxes