xoves, 12 mai 2005
A concelleira da Muller, Lucía Molares e o vicerreitor de relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Xabier Martínez Cobas asinaron un convenio polo que se acorda establecer un programa para a realización de prácticas profesionais das persoas que cursan o "Máster en educación en igualdade de xénero e políticas de igualdade".
martes, 3 mai 2005
A Rede de mulleres veciñais organiza unhas xornadas os días 4 e 5 de maio sobre "A saúde integral na Muller" na Casa das Mulleres, en horario de 18.00 a 21.30 horas.
venres, 29 abr 2005
A concellería da Muller oferta sete prazas vacantes para o curso de iniciación a internet que se inician o 9 de maio e finalizan o 2 de xuño.
xoves, 28 abr 2005
A partir de mañá venres e ata o 6 de maio os homes interesados en aprender a cociñar poderán solicitar unha das 15 prazas dun curso gratuíto de cociña financiado pola Concellería da Muller. O curso impartirase no IES Manoel Antonio do 7 de maio ao 11 de xuño.
xoves, 21 abr 2005
Membros da corporación e cidadáns de Vigo mostraron este mediodía o seu rechazo ao último asasinato por violencia doméstica cunha manifestación silenciosa na Praza do Rei.
xoves, 14 abr 2005
Membros da corporación e cidadáns de Vigo gardaron un minuto de silencio para mostraren a súa repulsa polo asasinato dunha muller e dos seus dous fillos en Elxe, supostamente a mans do marido.
mércores, 6 abr 2005
Membros da corporación e cidadáns de Vigo mostraron este mediodía o seu rechazo aos últimos asasinatos por violencia doméstica cunha manifestación silenciosa na Praza do Rei.
mércores, 6 abr 2005
O convenio, que supón un orzamento de 18.390 euros por parte do Concello, inclúe o mantemento dos puntos de información e un obradoiro permanente de "Expresión vital e Formación teatral".
martes, 5 abr 2005
O servizo consiste nun teléfono móbil provisto dun sistema de localización GPS e un botón de emerxencia para que as mulleres poidan pedir axuda se se senten ameazadas. Para solicitalo é necesario ter unha orde de protección e afastamento sobre a parella.
martes, 5 abr 2005
Este II Plan aporta recursos de tipo asistencial e están orientados á integración na sociedade das mulleres maltratadas.