Escoitar

Xornadas sobre a saúde integral da muller

A Rede de mulleres veciñais organiza unhas xornadas os días 4 e 5 de maio sobre "A saúde integral na Muller" na Casa das Mulleres, en horario de 18.00 a 21.30 horas.

martes, 3 mai 2005
As xornadas subvencionadas pola concellería da Muller estarán a cargo da doutora Mercedes Espinosa Arévalo e a psicóloga clínica Carmen Clavería Prada.

O mércores día 4, Mercedes Espinosa fará un percorrido por todos os axentes que inflúen na nosa saúde dende o control na alimentación ata a influencia do exercicio físico e o entorno medio ambiental.

A psicóloga Carmen Clavería falará, o xoves día 5, sobre a saúde emocional: o que pensamos, o que sentimos...