As subvencións a asociacións de maiores e de interese social incrementáronse en 16.000 euros
A concelleira de Benestar SociaL, Marta Iglesias, presentou o programa de subvencións a asociacións de interese social e de maiores, que teñen como obxectivo reforzar o tecido social das asociacións e manter as estructuras que apoian aos colectivos máis de desfavorecidos. O orzamento este ano é de 100.000 euros, o que supón un aumento de 16.000 euros respecta ao ano pasado.
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou hoxe martes o programa de subvencións a asociacións de interese social e asociacións de maiores que o Concello leva realizando dende hai máis de 15 anos. "Co mesmo- explicou Marta Iglesias- preténdese, ademais de reforzar o tecido social das asociacións, axudar a manter estructuras que apoien a colectivos desfavorecidos, afectados dalgunha minusvalía ou problema social".
O prazo desta convocatoria comezou o pasado día 29 de abril para rematar o próximo 29 de maio.
Dende a concellería de servicios sociais enviáronse as bases da convocatoria así como a solicitude a todas as asociacións que constan nos arquivos do Concello, no obstante está dispoñible a información, para aquelas asociacións que o desexen, tanto na páxina web do Concello, como na Oficina de información municipal.
O orzamento destinado a este programa é de 100.000 euros dos que 25.000€ son para asociacións de maiores e 75.000€ para asociacións de interese social. "É destacable a ampliación do orzamento neste exercicio para a convocatoria de subvencións xa que facía mais de 8 años que o programa de subvencións non tiña ningún tipo de incremento", explicou Marta Iglesias. O ano pasado a dotación económica foi de 84.000€ dos que 66.000 estiveron destinados a asociacións de interese social e 18.000 a asociacións de maiores.
Ademais dos 16.000€ de incremento para o programa, o orzamento dotou a varias asociacións de auto axuda dun orzamento propio, polo que o número de asociacións que concurrirán a esta convocatoria é moito menor xa que coas que teñen dotacións propias establécense convenios de colaboración (asociación de familiares de enfermos de Alzehimer, contra o cáncer, asociación de xordos, entre outras).
A modo de resumo, o ano pasado recibíronse 53 solicitudes das que 39 foron resoltas positivamente e 14 foron denegadas, ben por non tratarse de asociacións propias do ámbito dos servizos sociais, ben por haber establecido un convenio coas mesmas. Os importes concedidos oscilan entre os 775 € e los 5.000€ para as asociacións de interese social; 11 das concesións foron destinas a actividades e 39 a mantemento da propia asociación. Ás asociacións de maiores dedicáronse 18.000 euros que se repartiron entre 22 asociacións de maiores da cidade. A maioría do seu importe dedicouse a actividades culturais tales como visitas a institucións ou viaxes culturais.
Descargar todas as imaxes