xoves, 5 maio 2005

"Conta con elas" sucede ao proxecto Compás na busca da igualdade laboral

O proxecto enmarcado na iniciativa europea Equal conta cun investimento de 2.713.500 euros do que o 75% será financiado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo do proxecto é o de promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e eliminar a segregación laboral no ámbito da Mancomunidade de Vigo.

Persoas desempregadas de Vigo beneficiaranse dun curso de formación en empresas con compromiso de contratación

xoves, 5 mai 2005

A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego,Lucía Molares e o director de recursos humanos de Alcampo, José Manuel Magdaleno, asinaron un convenio para realizar o curso de caixeiro/a de gran superficie deste ano 2005. O convenio forma parte do "Programa de formación en empresas con compromiso de contratación" que, no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007, beneficiará a 22 persoas desempregadas do municipio de Vigo.

A Biblioteca Central acolle un obradoiro de Regueifas para nenos

xoves, 5 mai 2005

A Biblioteca Pública Central de Vigo acollerá, os sábados 7 e 14 de maio, un obradoiro de Regueifas, poesía oral improvisada de tipo popular, destinado a nenos de máis de 10 anos.A actividade, organizada en colaboración co Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, comenzará ás 11.00 horas na sala infantil da biblioteca e a entrada é libre.