venres, 6 maio 2005

Programación de maio no espazo xove do Castro

venres, 6 mai 2005

Como tódolos anos o Espacio Xovén do Castro dentro do programa Súbete ó Castro comenza a súa andaina de Castroconcertos dende maio ata setembro. Os concertos terán lugar no escenario a carón do circuito de bicicletas tódolos sábados a partires das 23:00. Este sábado actuarán os grupos Runa (rock) e Natty Roots (reggae).

Dirixidos a calquera persoa que queira achegarse a este oficio tradicional

A Casa do Cesteiro convoca cursos intensivos de formación durante o verán

venres, 6 mai 2005

A Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, por medio da Casa do Cesteiro e Centro de Artesanía Tradicional, vén de convocar oito cursos de verán sobre outras tantas especialidades no oficio da cestería. Estes cursos, abertos a todo tipo de persoas interesadas, teñen unha duración de 45 horas con formación intensiva durante 10 días laborables seguidos, en horarios de mañán e tarde. Os primeiros cursos darán comezo o 20 de xuño e os últimos o 12 de setembro.