As persoas de mobilidade reducida demandan un Vigo máis accesible
As asociacións integrantes do Consello Local de Accesibilidade do Concello presentaron as súas propostas para facer de Vigo unha cidade máis accesible para as persoas de mobilidade reducida. A alcaldesa, Corina Porro, comprometeuse a "sumar esforzos para conseguir unha sociedade máis xusta e integrada".
As asociacións que elaboraron o plan consideran insuficientes os servizos de transporte accesible no municipio de Vigo e da súa Mancomunidade, e en particular o transporte especial para persoas con mobilidade reducida. Isto infrinxe a política de igualdade de oportunidades e non discriminación da poboación de mobilidade reducida, que rolda as 36.000 persoas en Vigo e 65.000 no conxunto da súa Mancomunidade.
Estes colectivos manifestaron que "o transporte é un elemento indispensable para poder desenvolverse na sociedade, polo que é necesario que todas as persoas con mobilidade reducida poidan desprazarse total e libremente pola cidade na que residen".
Os colectivos esixen unha solución ao problema do transporte de persoas con mobilidade reducida, que se concreta en Vigo coa xeneralización de autobuses de piso baixo con rampla telescópica, así como coa ampliación do número de eurotaxis e a implantación do bonotaxi.
Tamén se pide a posta en marcha dun transporte especial "porta a porta" para dar cobertura ás necesidades destas persoas. No ámbito da Mancomunidade, reclámase unha aposta seria polo transporte accesible público e a integración e normalización da proposta de transporte especial.
En relación con estas demandas, a alcaldesa, Corina Porro, mostrouse disposta a "sumar esforzos para conseguir unha sociedade máis xusta e integrada". Segundo a alcaldesa, tanto as institucións públicas como as privadas "temos que poñernos mans á obra e iso supón diñeiro; quero deixar ese compriso hoxe enriba da mesa".
Corina Porro afirmou que é necesario eliminar as barreiras físicas e de accesibilidade e anunciou que o Concello lle esixirá á empresa concesionaria do transporte público que todos os vehículos novos teñan as condicións reclamadas polos colectivos de persoas de mobilidade reducida. Ademais, a alcadesa comprometeuse a que a Mancomunidade satisfaga todas as propostas e esixencias destes colectivos cando asuma as competencias de transporte.