Escoitar

A Biblioteca Central acolle un obradoiro de Regueifas para nenos

A Biblioteca Pública Central de Vigo acollerá, os sábados 7 e 14 de maio, un obradoiro de Regueifas, poesía oral improvisada de tipo popular, destinado a nenos de máis de 10 anos.A actividade, organizada en colaboración co Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, comenzará ás 11.00 horas na sala infantil da biblioteca e a entrada é libre.

xoves, 5 mai 2005
Ademáis de dar a coñecer o fenómeno da poesí-a oral improvisada en verso, o desenvolvemento desete obradoiro didáctico ten como obxectivo espertar posibles vocacións na práctica desta manifestación artí-stica, así como conseguir a implicación dos rapaces no patrimonio cultural galego e que sexan quen de realizar unha copla improvisada ao remate da sesión.

O emprego desta forma de expresión como elemento didáctico, que permitirá potenciar a competencia musical, lingüística e escénica dos participantes, servirá tamén para dar a coñecer de forma lúdica as distintas compoñentes deste fenómeno poético, como poden ser o tipo de estrofas, a rima, a tonada e a métrica.

As sesións previstas, que se desenvolverán en tres bloques, van ser dinámicas e participativas, variando a súa intensidade entre os distintos bloques e dependendo tamén do grado de implicación que se consiga do público.

No primeiro bloque, o peso recaerá especialmente nos regueifeiros, xa que terán como cometido introducir aos rapaces no tema. Neste sentido, a participación do público será esporádica.No segundo, os asistentes intervirán un pouco máis e xa no terceiro, a organización agarda que os rapaces copen case que todo o tempo.

Deste xeito, as sesións están pensadas para que a súa intensidade aumente paulatinamente e os rapaces se leven unha experiencia para casa e poidan ser partícipes doutros espectáculos similares.

Tamén os sábados ás 11.00 horas, a Biblioteca Central acolle o obradoiro "Cóntame un conto", que neste mes de maio está dedicado ao escritor danés Han Christian Andersen.

Así, o día 7 comenzará o contacontos co relato "A vendedora de mistos"; o día 14 lerase "O parruliño feo", o día 21 "O ruiseñor"; e finalmente, o día 28, dedicarase a "Pulgarcito

Por outra banda, no Clube de lectura, que ten lugar os mércores de 17.00 a 18.00 horas, comenzou xa coa lectura de "Mañana en la batalla piensa en mí", de Javier Marí-as.

En canto ás actividades en inglés denvolvidas na Biblioteca Central dende febreiro, tanto os obradoiros para nenos como para adultos e as clases de conversa, rematarán neste mes, despois de acadar unha grande aceptación.