Julio Fernández Gayoso, medalla da Fundación Laxeiro 2005
O Padroado da Fundación Laxeiro acordou entregar o premio Laxeiro 2005 a Julio Fernández Gayoso, director de Caixanova, polo labor da entidade como pioneira no eido do Patrocinio Cultural en Galicia.
A alcaldesa de Vigo e presidenta da Fundación Laxeiro, Corina Porro, entregou hoxe a medalla da Fundación ao director de Caixanova Julio Fernández Gayoso, como recoñecemento ao labor da entidade que dirixe "no eido do patrocinio cultural en Galicia con máis de 25 anos de apoio económico e organizativo ao mundo da cultura nas súas diferentes manifestacións", dixo a alcaldesa.
O Padroado da Fundación Laxeiro entende que esta sensibilidade demostrada durante anos debería ser un modelo a seguir por parte do sector empresarial galego, que devolvería así á sociedade en forma de servizo social e cultural, parte da riqueza que a sociedade lle brinda.
O galardoado Julio Fernández Gayoso agradeceu o premio que, comentou, "pertence a todos os traballadores de Caixanova e fundamentalmente aos que traballan na Obra Social" e explicou que Caixanova sempre tivo unha especial sensibilidade e compromiso coa Fundación Laxeiro dende o seu nacemento.
Julio Fernández Gayoso falou de Laxeiro como un dos grandes renovadores da plástica galega e comentou que Caixanova ten na súa colección particular, segundo moitos un das mellores de arte privado de Galicia, case 60 obras de Laxeiro, polo que "poderíamos mesmo facer unha exposición permanente do pintor". A propia figura que constitúe o premio é unha reproducción en bronce dunha personaxe de Laxeiro da obra "Concierto", que Caixanova posúe.
En referencia á Obra social e cultural de Caixanova, Julio Fernández Gayoso recordou que a entidade recibiu recentemente o Óscar á mellor Obra Cultural, que concede o grupo de comunicación Vocento. Segundo Fernández Gayoso a entidade que dirixe participou no último ano en 4.180 actos culturais, o que supón estar involucrado en 12 actos diarios nun total de 135 municipios galegos.