O Servizo de Axuda a Domicilio atendeu un total de 753 persoas en 2004
O Servizo de Axuda a Domicilio atendeu un total de 753 persoas ao longo de 2004, segundo as cifras presentadas pola concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias. As accións acometidas con maior frecuencia foron as prestacións de tipo asistencial, os servizos de compaña e as tarefas de aseo persoal.
Segundo as cifras presentadas hoxe mércores pola concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) atendeu un total de 753 persoas ao longo de 2004, período no cal se rexistraron 98 altas. A 31 de decembro de 2004 había 270 perceptores deste servizo.
Consonte os mesmos datos, a metade das accións acometidas polo SAD foron prestacións de tipo asistencial. Así, a axuda no relativo ás tarefas do fogar supuxo o 40% de todas as accións, mentres que a administración e compra de alimentos representou o 10%. Despois destas, sobresaen os servizos de acompañamento, cun 27%, e as tarefas de aseo persoal, cun 21%.
Accións complementarias prestadas polo SAD durante 2004 foron o asesoramento xurídico, cun total de 51 intervencións en temas como arranxos en vivendas alugadas, últimas vontades e indemnizacións por accidentes. Tamén houbo oito casos nos que se prestou atención psicolóxica aos usuarios do servizo, por falta de motivación, depresión e intento de suicidio. Ademais, 178 persoas participaron no programa de animación e actividades lúdicas, composto por excursións, festas de verán e Nadal e un taller de actividades.
A financiación municipal do SAD, que absorve a totalidade do gasto, ascendeu en 2004 a 770.000 euros. Esta cantidade é consecuencia do compromiso adquirido polo goberno municipal ante o Consello Municipal de Persoas Maiores de reducir sensiblemente a lista de espera para beneficiarse deste tipo de prestacións.
O Servizo de Axuda a Domicilio é un programa individualizado de carácter preventivo e rehabilitador que ofrece atención doméstica e apoio psicosocial e familiar a persoas dependentes, co obxectivo de favorecer a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida no seu propio medio.
O servizo é prestado pola Cruz Vermella Española e conta cun equipo humano composto por un responsable, tres traballadoras sociais, un psicólogo, un avogado, un administrativo, 57 auxiliares e 38 voluntarios.
Descargar todas as imaxes