Alumnos de debuxo da Escola de Artes e Oficios expoñen na Fundación Penzol
A Fundación Penzol acollerá ata o próximo 5 de xuño a exposición "Mesturas", unha mostra colectiva dos alumnos do último curso da aula de debuxo da Escola de Artes e Oficios, coa que o Concellaría de Cultura quere facelos partícipes da escena artística da cidade.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe martes unha exposición colectiva dos alumnos do último curso da aula de debuxo da Escola de Artes e Oficios. A mostra, titulada "Mesturas", inaugúrase mañá mércores ás 20:00 na Fundación Penzol e poderase visitar ata o próximo 5 de xuño.
O título da exposición fai referencia á heteroxeneidade das súas obras. Unhas obras que teñen en común, porén, unha mesma orixe e un mesmo espazo e tempo, a Escola de Artes e Oficios de Vigo.
Esta mostra significa para cada un dos creadores a fin dunha etapa de formación na aula de debuxo e a recolleita dalgúns dos seus froitos, e por outra banda, o comezo dunha nova andaina de posta en práctica da experiencia adquirida ao longo destes anos.
Neste sentido, Ignacio López-Chaves afirmou que a Concellaría de Cultura quere "dedicar esta exposición a persoas que se están iniciando no mundo das artes" e recordou que esta é "a primeira vez que os alumnos do último curso de debuxo da Escola de Artes e Oficios expoñen de maneira colectiva".
Pola súa banda, Rut Martínez, profesora de debuxo destes artistas, dixo que esta iniciativa é "moi interesante e enriquecedora". Cada un dos creadores participa en "Mesturas" desde puntos de vista moi diferentes con respecto á arte e á vida. Son dez artes con dez estilos diferentes, desde a abstracción lírica feita con técnica acrílica ao expresionismo a través do pastel sobre papel.
Os autores das obras que se exporán en "Mesturas" son Rosalía Alonso, Pilar Sánchez, R. María Area, Anxela da Rosa, Josefa Pérez, Julio Vázquez, Dolores Otero, Lupe Pérez, María Carballido e Paloma Pernas.
A mostra poderase visitar de luns a venres, de 18:00 a 21:00; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30; e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.
Descargar todas as imaxes