A Biblioteca Central acolle a terceira edición do concurso para nenos "En qué conto, conto", centrado na figura de Andersen
Durante o mes de maio, a Biblioteca Pública Central de Vigo desenvolverá unha actividade destinada tanto aos máis pequenos, como aos adultos. Así, nas instalacións da biblioteca celebrarase a terceira edición do concurso para rapaces "En qué conto, conto", e neste ano tódalas preguntas do concurso versarán sobre Andersen e a súa obra.
Ademáis, nesta ocasión organízase unha exposición de obxectos que serven de base ás preguntas do concurso e que os rapaces de 3 a 7 anos deben relacionar con obras do autor danés. No caso dos rapaces maiores, de 8 a 12 anos, deben respostar a unha serie de preguntas sobre o autor valéndose dos medios cos que conta a biblioteca, como ficheiros e enciclopedias. O sorteo, que farase entre os cuestionarios que teñan menos de tres erros, terá lugar na sala infantil da biblioteca o día 21 de maio ás 11.30 horas.
O obxectivo do concurso é difundir a literatura infantil, neste caso, tentando de recuperar para os rapaces mais pequenos os contos clásicos, xa que segundo a experiencia dos contacontos que teñen lugar os sábados, os nenos pequenos non coñecen os clásicos.
Por outra banda, a programación que durante este mes de maio desenvolverase na Biblioteca Central inclúe obradoiros de escrita, cursos de galego, conversas en inglés e contacontos entre outras actividades.
Deste xeito, os luns, de 11 a 12.30 horas terán lugar os Obradoiros de escrita en galego para nenos, de idade comprendida entre os 9 e os 11 anos. Para participar nesta actividade, froito da colaboración entre a Biblioteca Central e o Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, é necesario reservar no teléfono 986 22 90 74.
De 17.00 a 19.30, pola súa banda, horas terá lugar o curso de perfecionamento de galego, tamén en colaboración có Departamento de Normalización Lingüística do Concello, para nenos de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos.
Mentres que os dous primeiros luns do mes, de 18.30 a 20.00 horas, desenvolverase o Obradoiro de escrita creativa I, os luns 23 e 30, terá lugar o Obradoiro de escrita creativa II. Estes cursos forman parte da programación destinada a adultos.
Pola súa banda, os martes, de 17.00 a 19.30 horas está programado o Curso de perfeccionamento de galego, en colaboración có SNL do Concello. Posto que as prazas son limitadas, para participar nesta actividade é preciso facer unha inscrición previa.
Nas tardes dos mércores desenvolveranse dúas actividades. De 17.00 a 18.00 terá lugar o Club de lectura, que neste momentos está a ler "La joven de la perla" de Tracy Chevalier. Pola súa banda, de 17.00 a 19.30 a biblioteca acollerá outra sesión do Curso de perfeccionamento de galego.
En canto ao Obradoiro de escrita creativa, o mércores 4 de 18.30 a 20.00 horas terá lugar a sesión correspondente ao primeiro nivel, mentres que o segundo nivel está programada para os mércores 18 e 25. Os xoves, de 17.00 a 18.30 horas é o turno da Conversación en inglés, no que un grupo de adultos participan nun debate sobre temas de actualidade. As prazas son imitadas, polo que é preciso inscribirse previamente. De 18.30 a 19.30 é o turno dos rapaces de 4 a 6 anos, que poderán participar previa inscrición, nos Contos e xogos en inglés.
Os martes, mércores e xoves, do mesmo xeito que aconteceu no pasado mes de abril, as instalacións da Biblioteca Central acollen as visitas dos escolares, que acoden á biblioteca para familiarizarse coas súas instalacións.
Os venres, a partir das 10.00 desenvolveranse os cursos de formación de usuarios, nos que os profesionais da biblioteca ensinan a quitarlle o máximo proveito as instalacións, e as visitas guiadas, nas que se amosa o edificio e as distintas salas e seccións.
De 17.00 a 18.30 horas ten lugar o Taller literario en inglés, destinado a adultos, e no que é necesario inscribirse previamente.
Tamén os venres, de 18.30 a 19.30 desenvolverase outra actividade para nenos, nesta ocasión para rapaces de idade comprendida entre 7 e 10 horas. Trátase de Contos e xogos en inglés, nos que as prazas son limitadas.
Ademáis, no marco da programación infantil que estase a desenvolver na Biblioteca Central, a actividade que ten lugar os sábados, "Cóntame un conto", esta dedicada durante o mes de maio ao escritor danés Han Christian Andersen, que este ano centrou a conmemoración do Día de Literatura Infantil e Xuvenil. Así, ás 11.00 horas, o día 7 de maio esta actividade comezará o contacontos "A vendedora de mistos"; o día 14 lerase "O parruliño feo", o día 21 "O ruiseñor"; e finalmente, o día 28, dedicarase a "Pulgarcito". Deste xeito, a Biblioteca Central de Vigo súmase aos actos de conmemoración do douscentos aniversario do nacemento do famoso autor danés.
Descargar todas as imaxes