O Concello decreta os servizos míninos ante a folga de limpeza
A alcaldesa decretou os servizos mínimos ante a folga indefinida do persoal dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria que se inicia o sábado día 30 de abril. Estes servizos teñen carácter de esenciais polos riscos que para a saúde entraña a permanencia dos residuos sólidos, especialmente os orgánicos, nas vías públicas.
O decreto resolve que os servizos mínimos a prestar durante o transcurso da folga de persoal da empresa "Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.", adscrito ó servicio de recollida de lixo e limpeza viaria de Vigo, comprenderán os que siguen:
Quenda de mañá:
A partir das 6,00 horas un camión de carga lateral e outro de carga traseira con 2 operarios para efectuar a recollida do lixo nos hospitais, centros de saúde, centros benéficos e centros de ensinanza con comedor (colexios, garderías e institutos).
Quenda de tarde:
A partir das 14,00 horas, un camión con 2 operarios para a recollida de mercados e centros comerciais.
Igualmente durante as 3 quendas de traballo (mañá, tarde e noite) deberá permanecer como retén nas instalaciones da concesionaria un camión brigada con 3 operarios para acudir a resolver calquera contratempo que xurda na cidade a instancias da Policía Local ou Nacional, e un mecánico no taller.