As 60.944 alegacións ao PGOM foron feitas por 26.475 cidadáns
Ese é un dos primeiros datos que se extraen do rexistro feito das alegacións no sistema informático do Concello e que o concelleiro e o xerente de Urbanismo difundiron aos medios. Isto da unha media de 2,35 alegacións por persoa, que sube a 4,5 se illamos aos cidadáns que só fixeron unha única alegación.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reuniuse hoxe xoves nunha sesión que se caracterizou pola súa rapidez. O Consello aprobou a modificación do estudo de detalle da UA As Roteas en Oia e a desestimación do estudo entre as rúas Pedro Alvarado, Purificación Saavedra e Enrique Lorenzo coa unanimidade de todos os grupos políticos excepto o PG; e estiveron a prol na resolución de tres expedientes de infraccións urbanísticas.
Unha vez levantada a sesión, o concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, e mailo xerente, Javier Rivas Barros, fixeron un primeiro balance "meramente cuantitativo" das estatísticas obtidas en canto a alegacións e número de alegantes ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, unha vez feito o trámite de rexistro no sistema informático do Concello. Xavier Rivas argumentou que aínda que se está a proceder as clasificacións e xa se levan 10.000 alegacións clasificadas, "sería precipitado establecer consideracións de carácter cualitativo". Non obstante, o xerente fixo un balance orientativo desta clasificación ao final da súa comparecencia.
En canto aos datos, a xerente informou da constatación dun total de 60.944 alegacións presentadas, das que algo máis de 2.000 teñen algún defecto de forma. Esto significa que nalgunhas alegacións non consta o DNI (unhas 1.000), ou o domicilio (903) ou o nome completo (261).
Separando o número de alegacións do número de alegantes, chegouse a un total de 26.475 alegantes, o que da unha media de 2,35 alegacións por persoa. Tendo en conta que 16.381 persoas presentaron unha única alegación resólvese que "unhas 10.000 persoas presentaron unha media de 4,5 alegacións cada unha", explicou o xerente de Urbanismo.
Noutro ámbito de cotexacións, o xerente indicou que dos 26.475 alegantes hai un total de 25.579 domicilios distintos, e 19.354, están empadroados na cidade. Aínda que máis de 7.000 alegantes non estean empadroados na cidade e poida parecer unha cantidade bastante alta, "é perfectamente posible que xente doutros concellos poida ter intereses ou propiedades na cidade", recoñeceu o xerente Xavier Rivas. Dos alegantes empadroados un total de 17.678 coinciden cos datos de nome e DNI rexistrados no padrón, habendo case 2.000 que non coinciden.
Nun análise das 10.000 alegacións xa clasificadas o 95% refírense a situacións concretas. Teis e, en concreto, Guixar recollen o 35 ou 40% das alegacións. Despois dela, a ampliación do polígono de Balaídos en Matamá, a depuradora e a rolda son as que máis abondan. Hai outro grupo tamén significativo de carácter máis específico, tratando cuestións como a solicitude de inclusión de parcelas urbanizables ou a solicitude de corrección da cartografía, da aliñación de camiños ou a variación de trazados.
Maioritariamente aceptado
En canto á valoración política das alegacións, o concelleiro José Manuel Figueroa comentou que o plan ten o apoio maioritario dos 300.000 habitantes de Vigo e da maioría dos colectivos, excepto o PSOE e o colexio de Arquitectos, "aínda que eles fixeron unhas alegacións positivas e que enriquecen o proxecto". Chema Figueroa recoñeceu que "non se poden menosprezar as alegacións en zonas concretas e xa coñecidas por todos (Teis, Matamá...). Nestes casos podo asegurar que chegaremos a un acordo porque temos interese en facelo, sempre e cando se respecte o modelo do proxecto". O concelleiro apuntou tamén que "hai persoas que non queren chegar a acordos, senón manipular e politizar o plan". A este respecto dixo que "vanse atopar cun Goberno firme".