O Aulario do Campus de Vigo, premio FAD de arquitectura
O edificio do Campus de Vigo acadou o premio especial de Arquitectura, colocando á cidade na vangarda da arquitectura. A exposición dos premios FAD, que se outorgan dende 1958, permitirá observar na Casa das Artes as últimas tendencias desta disciplina artística no noso país.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves; o vicerreitor de Planificación, Alberto Gago e a presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia-Vigo, Mariam Leboreiro, presentaron aos medios de comunicación a exposición "Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo", que se inaugurará o día 28 na Casa das Artes.
Impulsados por ARQ-INFAD, a Asociación Interdisciplinaria de Deseño do Espacio do FAD (Fomento das Artes Decorativas), esta convocatoria reúne dende 1958 o máis destacado da producción arquitectónica peninsular. Nesta ocasión a mostra está promovida pola Delegación viguesa do Colexio Oficial de Arquitectos e a Universidade de Vigo, destacando a obra de Enric Miralles e Benedetta Tagliabue do Aulario do Campus de Vigo, galardoada co Premio Especial de Arquitectura.
Ignacio López Chaves asegurou que "Vigo tivo e segue tendo unha das máis interesantes arquitecturas de Galicia, dende a ecléctica de principios de século ata a racionalista dos anos 30 e 40, agora se desmarca cunha arquitectura de corte máis vangardista recoñecida con numerosos premios".
A presidenta do Colexio de Arquitectos de Vigo, Miriam Leboreiro, ratificou as palabras do concelleiro asegurando que "esta obra coloca a Vigo na vangarda arquitectónica". A arquitecta comentou que mesmo a prestixiosa revista xaponesa "GA" publicou un monográfico sobre o edificio vigués, proba irrefutable de que se atopa entre o máis significativo da arquitectura moderna.
Os premios FAD de Arquitectura e Interiorismo están compostos por catro premios para cada unha destas categorías:
a) Arquitectura: edificios de nova planta, obras de reforma ou rehabilitación de edificios.
b) Interiorismo: obras de decoración de espazos interiores.
c) Espacios exteriores: obras de remodelación urbana, axardinamento ou modificación da paisaxe exterior.
d) Espacios efémeros: montaxes ambientais correspondentes a accións de corta duración.
Cada categoría está dobremente galardoada co premio do Xurado da Opinión, concedido polos centenares de profesionais do sector.
Descargar todas as imaxes