O Concello contribuirá a dinamización infantil e xuvenil de Lavadores e do Calvario
A Xunta de Goberno Local aprobou a sinatura de convenios de colaboración entre o Concello e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores, a Asociación Hoy por Mañana e a Universidade de Vigo. Con esta última entidade os convenios viñeron en materia de Deportes e de Igualdade.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores, por un importe de 24.000 euros. O obxectivo deste acordo é o desenvolvemento de actividades de dinamización infantil e xuvenil durante o ano 2005.
O programa de dinamización concretarase nunha ludoteca, co fin de cubrir as necesidades de ocio e tempo de lecer dos máis novos e cun marcado carácter formativo en valores positivos para o seu desenvolvemento integral e a súa socialización.
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a sinatura doutro convenio de colaboración, este entre o Concello e a Asociación Hoy por Mañana, por importe de 13.000 euros, para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil na zona do Calvario, durante o ano 2005.
Dentro do área de Deportes, a Xunta aprobou o convenio entre o Concello e a Universidade para a promoción da práctica deportiva. As actuacións conxuntas que derivan desta cooperación son, entre outras: a celebración de eventos de promoción do deporte, crear unha oferta que se corresponda coas demandas dos colectivos de ambas institucións, coordinar o uso das instalacións deportivas e programar actividades de formación no ámbito da educación física e o deporte.
Tamén en convenio coa Universidade, a Xunta deu luz verde á colaboración do Concello para facer prácticas no Máster de educación en igualdade de xénero e políticas de igualdade. A Universidade de Vigo e Caixanova crearon a Cátedra Caixanova de Estudios Feministas que programou a realización dos cursos citados. O Concello de Vigo, a través da concellería de Muller contribúe coa iniciativa cunha achega de 6.000 euros ademais da posibilidade de realizar prácticas nos servizos municipais de atención á muller: centro municipal de información dos dereitos da muller, casa das mulleres, casa de acollida para mulleres maltratadas e oficina da muller.