O Concello ratifica a Carta de Vitoria
O pleno do Concello de Vigo ratificou a Carta de Vitoria cos votos a favor do PP e PSdeG-PSOE e os votos en contra do BNG e PG. A Carta é un documento no que se recollen os poderes que deberían exercer as administracións locais no século XXI.

A petición da Federación Española de Municipios e Provincias, a Corporación municipal celebrou hoxe luns un pleno extraordinaria no que se presentou para a súa aprobación a Carta de Vitoria. Este documento, aprobado en decembro de 2004, recolle as reivindicacións dos concellos co gallo da conmemoración dos 26 anos da constitución dos Concellos democráticos.
O decálogo do Municipalismo do século XXI recolle medidas para garantir a representación dos poderes locais no Senado; un novo Estatuto do Goberno Local e dos cargos electos; un goberno local solvente e de proximidade; reforzar os mecanismos de relacións intergubernamentais; un novo réxime de organización; modernizar a función pública; institucionalización da FEMP e plena autonomía nas funcións propias.
Descargar todas as imaxes