Escoitar

A regata de Windsurf Turismo de Vigo- Coca-Cola chega ás praias do Vao

Disputarase os días 23 e 24 de abril nas modalidades de Fórmula Windsurf, Open e Infantil, sendo esta última a que rexistra maior número de inscritos. O domingo ás 18 horas terá lugar a entrega de premios.

venres, 22 abr 2005
A concelleira de Deportes Lucía Molares acudiu hoxe á presentación da Regata de Windsurf Turismo de Vigo- Coca-cola clasificatoria para o campionato de España e que se disputa este fin de semana, os días 23 e 24 de abril. A proba, organizada polo club de vela da Praia do Vao, é puntuable para a elaboración do ránking autonómico de cada modalidade, así como para determinar os regatistas que formarán os equipos galegos.

As clases que concorren a esta cita na praia do Vao son Fórmula Windsurf, Open e Infantil. A previsión inicial é dunha alta participación sendo a categoría infantil unha das que rexistra un maior número de inscritos. O cálculo da organización é duns 40 regatistas nas tres modalidades.

As probas consistirán en mangas técnicas a modo de barlovento- sotavento no que non se aplican coeficientes de contraprestación por capacidade vélica ou tipo de táboa. Os postos de clasificación de cada regata son os obtidos en tempo real. A entrega de premios está prevista para o domingo ás 18 horas nos propios areais da praia do Vao.