Escoitar

Tardes e Noites Vivas

O venres e sábado continúan as actividades organizadas pola concellería de Xuventude das "tardes e noites vivas". Actividades que van desde ás 17 horas ata ás 24 horas e son totalmente gratuítas.

xoves, 21 abr 2005
1114089250noites1.jpeg
O venres 22 de abril

- No ximnasio do I.E.S. O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1) obradoiros de carteiras de libretas ecolóxicas, cursiño de percusión, sevillanas, pachanga nocturna ao aire libre e xogos de mesa variados.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) se impartirá baile moderno (funky) e dous obradoiros: cestería e protocolo na mesa; musculación i squash, Vigo en xogo de baloncesto co enfrontamento entre o C.B. Treboada contra os Metrosexuales ás 23 horas, e o Mesón A Guía La Amenaza contra Parquets Eloy ás 0:15.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6) faranse xogos de cartas coma o Starwars, Ivanhoe, ou Señor dos Aneis, a partires das 18 horas.
- Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (rúa Marín,1) continúa dispoñible internet grátis dende as 20 ata as 22 h. para uso dos asistentes a esta sede.
- O Espaxo Xove do Castro (a carón da pista de bicis do Castro) oferta improvisación teatral i expresión corporal, liga de xogos en rede, obradoiro de retoque fotográfico i espazo para break dance, ademáis dun espazo aberto para estar en grupo.
- No Pavillón de Coia (Avda Castelao s/n) haberá futbol sala, autimaquillaxe e xogos de rol e estratexia a partires das 23 horas.

Sábado 23 de abril

- No ximnasio do I.E.S. O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1) complétase o obradoiro de libretas ecolóxicas e tamén linguaxe de signos, e coches de radiocontrol MiniZ. Ademáis, xogos de mesa, petanca e pachanga nocturna.
- Dentro do Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) practicarase musculación e squash, obradoiro de abelorios e baile moderno (hip hop) Os partidos de Baloncesto Vigo en Xogo enfrontan a Los Abuelos contra C.E. Atenas e ao Rosalía Stars contra o Apostol Santiago.
- A Asociación Xuvenil Abertal (rúa Venzuela 3, baixo) realiza obradoiros de malabares con pelotas e paus chinos e baile moderno, e dispón de conexión a internet e sala multiusos
- O Espazo Xove do Castro (a carón da pista de bicis do Castro) adica recursos para deseño de web, decoración do PC, liga de xogos en rede, torneo de video xogos, malabares e danza oriental.

As actividades se desenvolven entre as 17:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, poidéndose consultar máis información na Casa da Xuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org
1114089250noites1.jpeg
1114089263noites2.jpeg
1114089304noites3.jpeg
Descargar todas as imaxes