O MARCO ofrece un ciclo de cine dedicado a José Val del Omar
O Museo MARCO ofrece do 21 de abril ao 13 de maio no seu Salón de Actos un ciclo de cine dedicado a José Val del Omar, un dos autores máis importantes do cine experimental.

O Museo MARCO organiza no seu Salón de Actos un ciclo monográfico de cine dedicado a un dos máis importantes autores de cine experimental, José Val del Omar (Granada 1904 - Madrid 1982), como parte da súa programación audiovisual de 2005, e coa inestimable colaboración do Arquivo Mª José Val del Omar, Gonzalo Sáenz de Buruaga e Tráfico de Ideas.
Visionario do cinema, e considerado como un dos grandes precursores da vangarda cinematográfica, Val del Omar abre camiños completamente novos na interpretación óptica e sonora coas súas mediametraxes Aguaespejo Granadino (1953), coa que apasiona a crítica europea, e Fuego en Castilla (1959) que obtén o Premio á Técnica no Festival de Cannes de 1961. Estas dúas, xunto á inconclusa De barro, forman o Tríptico Elemental de España, que pretendía culminar coa súa unificación nun filme vértice, Ojála, que xamais acabaría.
O ciclo iníciase o día 21 de abril cunha conferencia-presentación sobre a figura de José Val del Omar, a cargo de Piluca Baquero Val del Omar e Gonzalo Sáenz de Buruaga. Ás 21.00h., unha vez rematada a conferencia, comezarán as proxeccións co programa correspondente ao primeiro pase (Programa A)
O ciclo desenvolverase do 21 de abril ao 13 de maio, a partir das 20:00. A entrada é gratuíta.