Escoitar

"Cóntame un conto" , campaña de dinamización lingüística

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha campaña de dinamización lingüística dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos co lema "Cóntame un conto" e que se desenvolverá as fins de semana de abril e maio en distintos puntos da cidade.

mércores, 20 abr 2005
"Cóntame un conto" ten como obxectivo a achega ao galego dun xeito lúdico e colectivo, a través de obradoiros de escrita creativa, lectura teatralizada de pasaxes de libros, xogos....

Programa

- 24 abril(domingo)Bouzas: arredores da Alameda de 11.30 a 13.30 h.

- 30 de abril(sábado)Centro: Praza da Estrela de 18.00 a 20.00 h.

- 7 de maio(sábado)Calvario: zona peonil de 18.00 a 20.00 h.

- 14 de maio(sábado)Travesas: Praza da Independencia de 18.00 a 20.00 h.

- 21 de maio(sábado)Teis: Parque da Riouxa de 18.00 a 20.00 h.

- 28 de maio(sábado)Samil: Verbum de 18.00 a 20.00 h.