A XIV edición do Salón do Automóbil chega ao Ifevi o día 23
O evento, xa consolidado na cidade, prevé a máxima expectación por parte do público ao contar con máis de 70 marcas expositoras, entre as que se atopan as máis representativas do mundo do automóbil e as motocicletas. O salón presentará algunhas novidades de marcas como Mercedes, Volkswagen, Range Rover ou Peugeot.
A concelleira Lucía Molares, xunto con Jorge Santos de Caixanova; José Enrique Elvira do Salón do Automóbil e Arsenio Prieto, xerente do IFEVI, presentaron hoxe a XIV edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se desenvolverá no Ifevi entre o 23 de abril e o 1 de maio. Segundo o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto, esta XIV edición demostra que o evento está totalmente consolidado, ademais de admitir que "o salón dálle sentido ao Ifevi xa que foi un dos primeiros actos que se desenvolveron nel". Ademais o xerente do Ifevi destacou a importancia deste salón nunha cidade como Vigo "tan vinculada ao mundo do motor".
En 23.000 metros cadrados, o salón de Vigo presentará ás marcas mais representativas do mundo do automóbil, entre as que se atopan Renault, Peugeot, Citroën, Seat, Audi, Volvo, Toyota ou Volkswagen. En total 72 expositores entre os que hai 32 maracas de automóbiles, 5 de motocicletas, 13 de vehículos industriais e 34 de industria auxiliar. Entre as novidades do sector automobilístico cabe destacar o Mercedes Clase B, o Range Rover Sport, o Porsche Carrera S Cabrio, o Ford Focus Sedan ou o Volkswagen Golf Plus. Mención especial merece o Peugeot 1007, que se mostrará por primeira vez en público no salón vigués.
As previsións da organización apuntan a que esta edición do monográfico do motor en Vigo reciba a visita dunhas 200.000 persoas procedentes de toda Galicia, o norte de Portugal e as comunidades limítrofes. Co obxectivo de evitar atascos e garantir a fluidez do tráfico en torno ao recinto feiral, este ano porase en marcha un servizo de autobuses de balde que funcionará os sábados e domingos. Vitrasa porá en marcha dúas liñas con saída na rúa Urzáiz e a praza América con frecuencia dunha hora.
O salón seguirá, seguindo a liña de edicións anteriores, potenciando o carácter comercial do evento. Os expositores ofrecerán ao público interesado en adquirir un automóbil a posibilidade de probalo e de acceder a ofertas especiais que deseñan os propios concesionarios para este monográfico. Ademais, a presenza de Caixanova por quinto ano consecutivo permitirá xestionar financiamentos vantaxosas. O salón do automóbil de Vigo xera un volume de negocio duns 50 millóns de euros, tanto nos 9 días do evento como nos meses posteriores.
Como actividades paralelas o salón ofrecerá o día 24, en directo e en pantalla xigante, o Gran Premio de Imola, que porá aproba a pericia de Fernando Alonso aos mandos do seu R25. Como noutros anos, o criterio popular determinará o galardón "Automóbil do Ano en Galicia 2005" ademais de outras categorías como "Deportivo do ano", "Todoterreo do ano" e "Multiusos do ano".