Un edificio de catro plantas derrúbase na rúa Eduardo Iglesias sen causar víctimas
A rápida intervención de dous axentes da Policía de Distrito no acordoamento da zona e o desaloxo previo impediron que houbese que lamentar feridos no accidente, que se produciu pouco despois das nove da mañá. As causas do derrube determinaranse no xulgado de garda unha vez cheguen os informes de urbanismo, bombeiros e da Policía Local.
O edificio número oito da rúa Eduardo Iglesias, situado en pleno centro da cidade, derrubouse esta mañá preto das 9,15 horas ao producirse unha fenda na súa fachada. O edificio comezou a cambalear e desprender cascotes, o que alertou aos obreiros do edificio colindante, o número seis da mesma rúa, no que se estaban a producir unhas obras rehabilitación. Segundo confirmou a alcaldesa Corina Porro, dita actuación contaba con todas as licencias e permisos en regra.
O derrubamento do edificio non contou con víctimas grazas á rápida intervención de dous membros da Policía de Distrito. Alertados por un obreiro os dous axentes, que se atopaban dirixindo o tráfico na rúa Urzáiz, chegaron ás carreiras fronte ao edificio, onde acordoaron inmediatamente a zona ao ver como caían cascotes da súa fachada ante a mirada dunha morea de curiosos.
A alcaldesa Corina Porro, que visitou o lugar dos feitos, destacou a rápida actuación da Policía, tanto no desaloxo do edificio como gardando o área de risco durante o derrube. Comentou que o máis importante agora era o realoxo das familias afectadas e dixo que habería que agardar ao informe técnico para saber con certeza as causas do accidente. Ao longo da mañá os inquilinos dos números 2, 4, 8 e 10 da rúa Eduardo Iglesias foron desaloxados para que a grúa poida traballar sen risco retirando os escombros. En total veranse afectadas 80 vivendas das que 19 persoas pediron xa o seu realoxo que se efectuará nos hoteis Bahía e Ipanema. A empresa promotora das obras farase cargo dos gastos do realoxo.
A empresa Potain, propietaria da grúa de 56 metros coa que se está a traballar no área afectado polo derrubamento, mandará dous técnicos de Portugal e outros dous de Madrid para que traballen xunto aos dous cos que xa se conta na cidade e poder rematar os traballos o antes posible. Unha vez concluídos o informe de urbanismo, o parte dos bombeiros e o informe de atestados da Policía Local, mandaranse ao xulgado de garda que determinará as causas do accidente.