Benestar Social organiza un curso para que os maiores manteñan áxiles as súas mentes
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou un curso dedicado á áxilidade mental e outro centrado na figura do coidador, ambos os dous para persoas maiores. Nove asociacións participarán, de abril a xuño, nesta iniciativa.
Marta Iglesias, concelleira de Benestar Social, presentou hoxe luns dous cursos organizados polo seu departamento e destinados ás persoas maiores. O primeiro, que comezou esta mañá coa participación da Asociación de Xubilados do Concello e a Asociación Agarimo, está dedicado á axilidade mental e ten por obxectivo potenciar esta faculdade nos anciáns para que non se deteriore.
Nove asociacións de maiores participarán nesta iniciativa durante os meses de abril, maio e xuño, así como nun curso centrado na figura do coidador, que leva por título "¿Quen coida o coidador?".
Marta Iglesias dixo durante a presentación destes cursos no edificio Asefal que as persoas maiores son un "colectivo prioritario" para o Concello. Neste sentido, a concelleira recordou que o orzamento para axuda no fogar e teleasistencia se incrementou nun 26% con respecto ao exercicio anterior. Finalmente, desexou que os asistentes "aproveiten estes cursos, non só apra adquiriren coñecemento senón tamén para coñecer persoas da súa idade e faceren amigos".
Aínda quedan prazas libres para os que queiran acudir a estes cursos. Os interesados deberán dirixirse ao Servizo de Benestar Social do Concello. Os cursos desenvólvense de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 e son gratuítos para as persoas maiores de 65 anos.
Descargar todas as imaxes