Escoitar

A próxima semana ábrese o prazo para participar no "Día da Muiñeira"

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, coa colaboración da Escola Municipal de Danza e de El Corte Inglés, o "DÍA DA MUIÑEIRA", que terá lugar o domingo día 5 de xuño, a partir das 12'00 horas, na rúa Venezuela.

luns, 18 abr 2005
1113823097escoladedanza.jpg
Escola Municipal de Danza
Este evento consistirá na interpretación, por parte de cada grupo participante, das seguintes danzas:muiñeira, xota e ribeirana.

Todas aquelas entidades interesadas en participar neste acto deberán realizar a súa inscrición na Secretaría da Escola Municipal de Danza (sóto 1º do Concello) de luns a venres en horario de 10'00 a 12'00 horas e de 19 a 21 horas, ou ben enviala por fax ao número 986.81.01.67 ou 986.22.16.66, entre os días 25 de abril e 27 de maio, ambos inclusive.

Así mesmo, todos os grupos inscritos deberán recoller o plano de situación na referida secretaría, entre os días 30 de maio e 3 de xuño, ambos inclusive, co mesmo horario.

A todos aqueles grupos participantes que superen os 25 compoñentes, a organización enviaralles un autobús ao punto de recollida que indiquen na solicitude de inscrición.
Descargar todas as imaxes