venres, 22 abr 2005
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias e o xefe de servizo do Vicerreitorado de Extensión Universitaria, Ricardo Corderí Salgado, recibiron ao colectivo de persoas maiores da Asociación Ledicia de Beade que realizaron unha visita ao campus vigués. Esta actividade forma parte dun programa de colaboración entre as dúas institucións de visitas guiadas destinadas a grupos de persoas maiores da cidade.
venres, 22 abr 2005
O concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López Chaves, presentou o programa para este trimestre das actividades de dinamización lingüística que van dende os xogos , a lectura e de escritura creativa.
venres, 22 abr 2005
O Festival Sinsal continúa coa súa programación de primavera coas actuacións, o próximo luns 25 de abril no Teatro Salesianos, das bandas estadounidenses Low e Kid Dakota e a cantante canadense Nina Nastasia.
venres, 22 abr 2005
O capitán do buque, Keith Winstanley, visitou hoxe venres á alcaldesa Corina Porro. O barco permanecerá en Vigo ata o día 26 e logo zarpará cara a Ferrol.
venres, 22 abr 2005
Os montes de Fragoselo en Coruxo foi o lugar elixido para a disputa da proba inaugural da Copa do Mundo de Mountain Bike, que contará cuns 400 participantes nas dúas modalidades de competición: descenso e 4X.
venres, 22 abr 2005
Disputarase os días 23 e 24 de abril nas modalidades de Fórmula Windsurf, Open e Infantil, sendo esta última a que rexistra maior número de inscritos. O domingo ás 18 horas terá lugar a entrega de premios.
venres, 22 abr 2005
A Corporación Municipal celebra o luns, día 25, dous plenos; un de carácter extraordinario ás 11:30 horas no que se tratará a adhesión do Concello de Vigo á Carta de Vitoria. A continuación terá lugar o pleno ordinario correspondente ao mes de abril.