O "Albión", buque insignia da mariña británica, atracou en Vigo
O capitán do buque, Keith Winstanley, visitou hoxe venres á alcaldesa Corina Porro. O barco permanecerá en Vigo ata o día 26 e logo zarpará cara a Ferrol.

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro recibiu ao comandante do buque insignia da armada inglesa "Albión", Keith Winstanley, que atracou no porto de Vigo. O buque "Albión" permanecerá en Vigo ata o martes 26 e visitará proximamente o porto de Ferrol.
O "Albión" ten unha lonxitude de 177 metros e capacidade para case 400 tripulantes, ademais de ter unha capacidade de carga de 18.500 toneladas.
O "Albión" ten unha lonxitude de 177 metros e capacidade para case 400 tripulantes, ademais de ter unha capacidade de carga de 18.500 toneladas.

