A proba inaugural da Copa do Mundo de Mountain Bike terá lugar nos montes de Fragoselo
Os montes de Fragoselo en Coruxo foi o lugar elixido para a disputa da proba inaugural da Copa do Mundo de Mountain Bike, que contará cuns 400 participantes nas dúas modalidades de competición: descenso e 4X.
Vigo acollerá os días 30 de abril e 1 de maio a proba inaugural da Copa do Mundo de mountain bike nas modalidades de descenso e 4X, un campionato que non visita España dende hai 5 anos e no que participarán os mellores deportistas coas bicis máis sofisticadas e innovadoras do mercado.
Os montes de Fragoselo, en Coruxo, é o lugar escollido para realizar as probas, despois do acondicionamento necesario para levar a cabo un evento de tal magnitude. "A capacidade e a beleza do marco escollido está fora de toda dúbida", comentou a presidenta do comité organizador do evento, Marta Alfageme, como se ven demostrando dende o ano 2000 coa disputa de diferentes probas de índole nacional.
Ademais, a súa proximidade co centro urbano (uns 7 quilómetros), garante a asistencia masiva do público. A organización prevé a posibilidade de acoller uns 15.000 espectadores que acudan a ver as careiras en directo dende os circuítos, procedentes de toda Galicia e o norte de Portugal, fundamentalmente.
A organización desta proba inaugural, que conta co apoio da Xunta, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo, ademais de multitude de marcas comerciais e empresas, prevé unha cifra de participación en torno aos 400 ciclistas (250 en Downhill e 150 en Fourcross), que mobilizarán a uns 330 técnicos de equipo e 27 managers. A proba precisará da participación duns 20 voluntarios e a contratación de 40 traballadores, ademais de habilitar a reserva de máis de mil prazas hoteleiras.
Descargar todas as imaxes