Actividades de dinamización lingüística
O concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López Chaves, presentou o programa para este trimestre das actividades de dinamización lingüística que van dende os xogos , a lectura e de escritura creativa.
O programa "Cóntame un conto" dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos desenvolverase as fins de semana de abril e maio en distintos puntos da cidade e ten como obxectivo a achega ao galego dun xeito lúdico e colectivo, a través de obradoiros de escrita creativa, lectura teatralizada de pasaxes de libros, xogos. O elemento artellador é un libro xigante que comeza a ser lido polas nenos e nenos e non ten final porque esta ha ser inventado por cada un dos participantes.
Os lugares e horarios son os que seguen:
- 24 abril(domingo)Bouzas: arredores da Alameda de 11.30 a 13.30 h.
- 30 de abril(sábado)Centro: Praza da Estrela de 18.00 a 20.00 h.
- 7 de maio(sábado)Calvario: zona peonil de 18.00 a 20.00 h.
- 14 de maio(sábado)Travesas: Praza da Independencia de 18.00 a 20.00 h.
- 21 de maio(sábado)Teis: Parque da Riouxa de 18.00 a 20.00 h.
- 28 de maio(sábado)Samil: Verbum de 18.00 a 20.00 h.
Obradoiros de escrita creativa
O servizo de Normalización Lingüística organiza estes obradoiros, para xente miúda, por segundo ano consecutivo dado o éxito acadado na edición anterior e realízanse na Biblioteca Central . Neste espazo desenvolveranse , ademais, obradoiros de regueifas que xiran ao redor da candidatura do patrimonio oral galego-portugués a ser proclamado patrimonio da humanidade.
Ao mesmo tempo , Normalización Lingüística ten programados obradoiros de escrita creativa para adultos nos que se busca un espazo de traballo lúdico e promover a mellora de actitudes e usos da lingua. Estes obradoiros están concibidos en dous niveis. O primeiro busca unha viaxe ao mundos das palabras mediante a escritura colectiva, a creatividade, a expresividade e a doma das palabras. O segundo nivel afonda na literatura e o mundo real.
As datas estes obradoiros son:
Nivel I : 25 e 27 de abril e 2,4 e 9 de maio de 18.30 a 20.00 horas , na Biblioteca Central.
Nivel II: 18,23,25 e 30 de maio e 1 de xuño de 18.30 a 20.00 horas, na Biblioteca Central.
Nivel II: 8,14,16,21 e 23 de xuño de de 18.30 a 20.30 horas , Edificio Asefal.
Descargar todas as imaxes