A Xerencia deu luz verde á reforma puntual do Plan parcial de Navia
O consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Parcial de Navia grazas aos votos a prol do PP e ás abstencións de PSOE e BNG, que bastaron para sacar adiante o punto pese ao voto en contra do Partido Galeguista.
A solicitude de modificación xustifícase, por unha banda, nas obras executadas do primeiro cinto de circunvalación (o tramo Castrelos-Bouzas) cun replantexamento non idéntico ao que figuraba no Plan xeral, e no trazado definitivo do segundo cinto de circunvalación (tramo de Ricardo Mella). O Concello de Vigo dirixiuse ao IGVS recomendando a modificación puntual do Plan parcial co fin de adaptar e axustar o planeamento á nova situación creada polo Ministerio de Fomento e á reconsideración da distribución dos equipamentos para conseguir unha mellor funcionalidade nos usos a que están destinados.
Fóra da orde do día, o concelleiro do BNG, Xavier Toba, pediu ao Goberno transparencia e información nas convocatorias e nos requirimentos dos seis aparcadoiros que están proxectados en distintas áreas da cidade. O concelleiro xustificou a súa petición cunha carta redactada pola comunidade de propietarios da avenida de Portugal na que solicitan un dereito prioritario na adquisición das prazas de aparcadoiro antes de ser construídas.
Descargar todas as imaxes