A alcaldesa e as asociaciós de veciños consideran necesario un novo Plan Xeral
Corina Porro reuniuse coa presidenta da Federación de Asociacións de Veciños, Helena González. Tralo encontro, ambas manifestaron a súa opinión de que Vigo necesita un novo Plan Xeral.
A alcaldesa, Corina Porro, reuniuse hoxe mércores con Helena González, presidenta da Federación de Asociacións de Veciños. O tema central do encontro foi o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Tanto Corina Porro como Helena González comparten a opinión de que Vigo necesita un novo Plan Xeral.
Helena González transmitiulle á alcaldesa a preocupación de que todas as alegacións presentadas a este PXOM sexan atendidas, ao que Corina Porro respondeu que "ese é o meu compromiso". A alcaldesa asegurou que existe un "bo entendemento" coas asociacións de veciños e afirmou que "con diálogo chegaremos a construír máis e mellor cidade".
Corina Porro dixo que quere "un Plan Xeral consensuado" e que "sería malo que non construisemos a cidade que Vigo merece por asuntos puntuais". En referencia a outra das preocupacións manifestadas por varios veciños, a alcaldesa afirmou que "ninguén vai quedar sen casa por un Plan Xeral".
Corina Porro xustificou a necesidade dun novo PXOM afirmando que "sen solo non teremos un cuarto hospital e eses novos centros de saúde". A alcaldesa defendeu o novo Plan Xeral dicindo que "4’5 milllóns de solo industrial son claves para o desenvolvemento de Vigo".
Pola súa banda, Helena González considerou "positivo" o compromiso da alcaldesa de que ninguén vai perder a súa casa e de que se atendan e se contesten todas as elgacións que os veciños presenten a este PXOM.
Preguntada sobre o derrube, onte martes, do edificio na rúa Eduardo Iglesias, Corina Porro respondeu louvando a "rápida intervención" da Policía Local. A alcaldesa asegurou que o edificio contaba coa inspección municipal e que estaba "impecable" nese sentido.
Exposición de filatelia
Por outra parte, Corina Porro tamén se entrevistou esta mañá con representantes do Club Filatélico de Vigo para abordar a posibilidade dunha exposición de selos relacionada co mar e, especialmente, co mundo da vela, con motivo da celebración da Volvo Ocean Race. O presidente do Club Filatélico, Joaquín Troncoso, dixo tras a reunión que se baralla o período de outubro a novembro deste ano para a exposición. Canto ao lugar, Joaquín Troncoso mostrou a súa preferencia pola Casa das Artes.