Escoitar

A Biblioteca Central desenvolve un curso de perfeccionamento do galego e outro de iniciación

No marco das actividades de potenciación do galego que se están a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, durante os meses de abril, maio e xuño desenvólvese un curso de perfeccionamento do galego e outro de iniciación.

venres, 15 abr 2005
1113565435bibliogalego.jpeg
O curso de perfeccionamento, que comezou o 13 de abril e rematará o 13 de xuño, ten unha duración de 75 horas e se desenvolve os luns, martes e mércores de 17.00 a 19.30 horas na sala de conferencias da biblioteca.

Pola súa banda, o curso de iniciación, que ten lugar no Edificio Asefal, ubicado na rúa Elduayen, comenzou o 14 de abril e se denvolve os luns, martes e xoves ata o vindeiro 14 de xuño.

O número de plazas para participar en ambos cursos está limitado a 30 e para elo necesario inscribirse no Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, no teléfono 986 81 02 81.

Ademais, na Biblioteca Pública Central de Vigo, está tendo lugar un obradoiro de escrita en galego destinado a rapaces de edades comprendidas entre os 9 e os 11 anos.

Para participar nesta actividade, que se desenvolve durante todos os luns ata o 23 de maio, é necesario facer a reserva telefónica no 986 22 90 74.

O obxectivo central deste obradoiro radica en fomentar a creatividade sempre en galego e promover a mellora de actitudes e o uso da lingua galega. Pero, o seu desenvolvimento tamén contempla outros fins, como lograr que os rapaces se expresen en liberdade tanto na oral como na escrita en galego, e promover a literatura infantil e xuvenil galega e en galego.

Ademáis, deste xeito complétanse os fins da biblioteca, centrados en potenciar o achegamento ao feito creativo da comunicación humana a través da literatura, desenvolver o hábito lector dos rapaces e rapazas, achegar a visión lúdica e de enriquecemento persoal que ofrece a lectura, desenvolver procesos de innovación creativa a partir dos principios de orixinalidade e identidade, procurar a través da imaxinación e a fantasía a creación de espazos, tempos ou personaxes propios, así como establecer relacións entre o mundo da creatividade persoal e o mundo simbólico galego.

Para conquerir estes obxectivos, o obradoiro de escrita creativa quere construír un espazo de traballo lúdico e divertido aprendendo dun xeito lúdico que se pode resumir na frase "aprender gozando ou gozar aprendendo".

Nas sesións, que comenzarán os luns as 11.00 horas e terán unha duración de hora e media, empregaranse técnicas de traballo en grupo e estratexias de socioafectividade ou de animación á lectura, de forma que no obradoiro se adapte o proceso creativo ás persoas, na busca do desenvolvemento persoal.
Descargar todas as imaxes