Escoitar

O Museo Liste acolle a exposición "Bello Habilis"

A exposición, que permanecerá aberta ata o 14 de maio, presenta unha exposición representativa dos cascos de combate do século XX.

xoves, 14 abr 2005
1113485023cascos.jpg
O Museo Liste inaugura hoxe xoves, ás 17 horas a exposición "Bello Habilis", que permanecerá aberta ata o 14 de maio. Nesta exposición temporal a Fundación-Museo Etnográfico Liste acolle a colección particular de D. Guillermo Martínez Baz. Esta colección comprende cascos de combate de todo o século XX dende a Primeira Guerra Mundial ata os nosos días, incluindo pezas de conflictos recentes como o de Irak. Trátase dunha colección representativa onde se quere amosar unha visión panorámica da evolución e linguaxe destes elementos funcionais esenciais en toda acción bélica durante todo o século XX.
Descargar todas as imaxes