Vigo contará cunha nova gardería e tres campos de herba sintética
A alcaldesa, Corina Porro, e a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Pilar Rojo, asinaron dous convenios polos que se crearán unha nova gardería na rúa Palencia e tres campos de herba sintética en Monte de Mina-Castrelos, Navia e Barreiro.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Pilar Rojo, asinaron hoxe mércores un convenio para a creación dunha nova gardaría na rúa Palencia, polo que a Consellería destinará 329.000 euros a este fin.
O novo centro, que contará con tres aulas para nenos de entre 0 e 3 anos, levantarase en terreos achegados polo Concello e terá un custo total estimado de case 660.000 euros. O departamento autonómico destinará a este proxecto 100.000 euros en 2005, 100.000 en 2006 e 129.000 en 2007.
O convenio asinado hoxe enmárcase no traballo desenvolvido pola Consellería de Familia para alcanzar a recomendación da Unión Europea de cobertura do 33% en prazas para os nenos menores de 3 anos no ano 2010.
Na actualidade, en Galicia hai 300 centros de atención á primeira infancia con prazas públicas. Para finais de 2005, a Consellería ten garantidas, en virtude dos convenios asinados ou pendentes de sinatura e os proxectos que se están a xestionar, cerca de 15.800 prazas, e mantén o obxectivo de acadar nesas datas entre 19.000 e 20.000, cifras que farían realidade a ratio recomendada a nivel europeo cun lustro de antelación.
En Vigo existen 180 prazas públicas en tres garderías municipais: as do Casco Vello, Lavadores e Teis. Corina Porro afirmou que o seu goberno quere duplicar o número de prazas e de garderías. "Queremos que se constrúan outras tres neste mandato", asegurou a alcaldesa.
Pola súa banda, Pilar Rojo lembrou que este convenio se soma ao proxecto da gardaría de Saiáns, que se prevé finalizar en setembro deste ano e que será completado co centro infantil para os fillos do persoal do edificio administrativo da Xunta de Galicia.
Campos de herba artificial
Tamén no día de hoxe Corina Porro e Pilar Rojo asinaron outro convenio polo que a Consellería destinará 2.095.534 euros e o Concello 95.000 a actuacións en tres instalacións deportivas de distintos puntos do municipio.
Así, en Monte de Mina-Castrelos cambiarase a superficie dun campo de fútbol xa existente por herba artificial, mentres que en Navia e en Barreiro se construirán dous campos tamén sintéticos en sellas parcelas reservadas para usos deportivos.
As achegas para estas actuacións faranse con cargo ao IV Convenio de Cooperación entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, ao que se adheriu o Concello de Vigo no pasado mes de marzo.
Descargar todas as imaxes