Escoitar

Exposición de cómic na Casa da Xuventude

Juan Carlos Enseñat amosa na Casa da Xuventude unha exposición dos seus traballos de debuxo e cómic que se poderá visitar ata o 22 de abril.

martes, 12 abr 2005
11133115061j.jpg
Despois de varios meses de exposicións na sala que para este uso dispón a Casa da Xuventude, chegase á derradeira das mostras desta rolda que comeza o martes 12 de abril pola tarde. Trátase dun compendio de debuxo e cómic dun xove artista vigués chamado Juan Carlos Enseñat que colabora en diferentes fancines, revistas, libros e outros de carácter gráfico.

Entre outras cousas poderase contemplar bocexos realizados a lapis, pinturas en óleo e acuarela, tiras de cómic e humor gráfico, ilustracións, fotografías e montaxes dixitais. Son traballos que o expositor foi realizando dende os seus comezos como monitor de clases de debuxo para unha organización de interese social, pasando por algúns encargos de publicacións universitarias, humorísticas, de ocio e xuvenís. Ademáis ten realizado diferentes exposicións individuais e colectivas en salas de uso público, asociacións veciñais e na Casa da Xuventude.

As obras poden contemplarse ata o mesmo venres 22 de abril en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.

Ao remate desta mostra iníciase unha nova rolda ata o mes de xullo onde novas artistas darán a coñecer as súas obras.
11133115061j.jpg
1113311534can.jpg
Descargar todas as imaxes