Constitución do Consorcio para a Rehabilitación do Casco Vello
O Consorcio para a Rehabilitación do Casco Vello de Vigo reuniuse o martes en asemblea constitutiva coa orde do día de determinar as bases do seu funcionamento. Con carácter bianual e rotativa, a presidencia recaeu sobre o concelleiro José Manuel Figueroa e a vicepresidencia en Francisco López Peña.
O Consorcio para a rehabilitación do Casco Vello reuniuse hoxe en sesión constitutiva coa asistencia de representantes das tres entidades que o forman, Xunta Concello e Zona Franca, para elixir unha sede provisional, nomear un presidente e un vicepresidente e tratar outros asuntos da orde do día referentes ao funcionamento desta asociación de nova creación. A sesión estivo formada pola alcaldesa, Corina Porro; o conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo; o concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, José Manuel Figueroa; a secretaria do IGVS, Teresa Morán; o delegado da Consellería de Política Territorial, Rubén López; o delegado do Estado na Zona Franca, Francisco López Peña; o arquitecto de Zona Franca, Arturo Conde e os representantes dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG, Mauricio Ruiz e Xabier Toba, respectivamente.
Segundo explicou o concelleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, a reunión serviu para tratar catro puntos fundamentalmente:
A elección da presidencia, aprobada por unanimidade, con carácter rotativo e bianual e que correrá a cargo do tenente de alcalde José Manuel Figueroa, quedando como vicepresidente Francisco López Peña. Dito cargo irá rotando cada dous anos nun membro das tres entidades que forman o consorcio, pasando o vicepresidente á presidencia e así sucesivamente.
Como sede do consorcio foi designada provisionalmente a Casa do Concello de Vigo, pudendo ser trasladada cando fora preciso á propia zona de actuación, o casco vello, o a calquera outra.
A reunión serviu tamén para fixar o contrato laboral do futuro xerente, que sería duns 50.000 euros anuais, sendo 30.000 en concepto de salario fixo e os outros 30.000 variables en función dos resultados obtidos. Tamén quedou aprobada a redacción dunhas bases de condicións para obxectivar a selección dos candidatos e o nomeamento dun tribunal con representantes de todas as entidades para determinar o elixido.
Por último, o consorcio determinou as contribucións de cada membro neste ano 2005, que quedaron do seguinte modo: a Xunta aporta uns 2,7 millóns de euros, a Zona Franca 4,5 millóns de euros e o Concello 500.000 euros. En total o investimento ascende a 7,8 millóns de euros. Estas cantidades son relativamente proporcionais ao desembolso previsto por cada entidade ata 2009, que é de 12 millóns por parte da Xunta, 15 por Zona Franca e 3 millóns de euros por parte do Concello. En total 30 millóns de euros en cinco anos.
Alberto Núñez Feijóo comentou que todos os acordos aprobáronse por unanimidade e que provisionalmente, acordouse que o consorcio se reuniría en sesión ordinaria unha vez cada dous meses, exactamente o último xoves do mes que tocase. Podería haber sesións extraordinarias sempre que a importancia dalgún asunto o requirise.
O obxectivo do consorcio para a rehabilitación do casco vello é o comezo da adquisición e rehabilitación de edificios no casco vello para facer delas vivendas sociais e baixos comerciais que serían adxudicados pola Comisión provincial de Vivenda, preferentemente en aluguer para a mocidade.
Descargar todas as imaxes